No Festival de Nadal celebrado no centro puidemos ver o vídeo elaborado polo alumnado de 2º Bacharelato e no que participou alumnado e profesorado para actuar contra a violencia machista.
viernes, 22 de diciembre de 2017
viernes, 15 de diciembre de 2017
CANTIGAS AMOROSAS
O alumnado de 3º ESO, despois da lectura e análise das cantigas medievais galego-portuguesas, quixeron dar un paso máis e crear por parellas composicións amorosas actuais imitando a arte de trobar. A Biblioteca compárteas.
jueves, 30 de noviembre de 2017
IGUALDADE
Chegou ao centro a maleta do I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, a petición do profesora Cristina Asenjo, coa selección de obras axeitadas e moitas das cales podemos atopar na nosa biblioteca.
sábado, 25 de noviembre de 2017
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
viernes, 10 de noviembre de 2017
PREMIO SAN CLEMENTE
As alumnas de 2º Bacharelato, membros do Club de lectura, desprazáronse a Santiago para participar na elección das obras premiadas na XXIII edición do Premio literario San Clemente Rosalía A Banca:
jueves, 12 de octubre de 2017
BIBLIOTECAS SOLIDARIAS
No mes das bibliotecas, realizamos a entrega de diplomas ao alumnado colaborador do curso pasado e animamos á continuación neste labor compartido e a novas incorporacións.
martes, 3 de octubre de 2017
25 ANIVERSARIO
Na conmemoración do 25 aniversario do IES San Mamede, a Biblioteca publica un traballo das alumnas colaboradoras onde se dá conta dos encontros con autoras/autores a través das dedicatorias das súas obras.
viernes, 30 de junio de 2017
Club de lectura sénior
Deixamos constituído o Club de lectura con persoas adultas da vila de Maceda, coa inestimable axuda da bibliotecaria pública, Avelina Losada López, que tamén formará parte xunto con Mª Dolores Pérez Ramos, Alicia Garrido Ruido, Mª del Mar Pereira Gil, Lucas Domínguez González, Mª Luisa Garrido Prieto e Aurora Garrido Prieto. Do instituto, as tres mediadoras, Charo Expósito, Yolanda Sanisidro e Chus Sarmiento.
A primeira lectura, O amor nos escuros días de Birkenau, unha novela dun autor local, Alberto Canal, con quen esperamos encontrarnos á volta das vacacións.
jueves, 29 de junio de 2017
Premios San Clemente
As alumnas do Club de lectura veñen de recoller os exemplares dos finalistas nos Premios San Clemente, organizados polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, para comezar a súa lectura nas vacacións de verán. Parabéns ás afortunadas.
Dúas alumnas formarán parte do xurado de Novela en Lingua Galega:
- Non hai outro camiño de Isaac Xubín.
- Nordeste de Daniel Asorey.
- Todo canto fomos de Xosé Monteagudo.
Dúas farano no de Novela en Lingua Castelá:
- Esa puta tan distinguida de Juan Marsé.
- La noche de la Usina de Eduardo Sacheri.
- Patria de Fernando Aramburu.
E as outras dúas, no de Novela en Lingua Estranxeira:
- Brújula de Mathias Enard.
- La guitarra azul de John Banville.
- Morir en primavera de Ralf Rothmann.
lunes, 19 de junio de 2017
X Xornada dos Clubs de lectura
O sábado 17 de xuño participamos na X Xornada dos Clubs de lectura, celebrada no Palacio de congresos e exposicións de Santiago de Compostela, cun amplo programa de obradoiros destinados ao alumnado participante e actividades para compartir experiencias e lecturas. E nós tamén nos somerxemos na Festa da Lectura.
Para ver máis:
martes, 30 de mayo de 2017
As laranxas
O alumnado de 1º ESO A quixo homenaxear a Carlos Casares coa lectura dramatizada e ilustracións para As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
jueves, 25 de mayo de 2017
Acollida
Xa tivo lugar a acollida do alumnado de 6º de Educación Primaria que visita o centro. Na biblioteca coñeceron as diferentes zonas e servizos que ofrece e coa roseta da CDU entenderon como se organizan os documentos. Finalmente, recibiron os premios do concurso literario Joao de Novoa organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
lunes, 22 de mayo de 2017
As galas do defunto
O alumnado de 4º de ESO e de Literaturas Hispánicas de 1º Bacharelato asistiu á representación de As galas do defunto de Valle-Inclán levada ás táboas polo Centro Dramático Galego.
miércoles, 17 de mayo de 2017
DÍA DAS LETRAS
Celebramos o Día das Letras con imaxes de actividades que o alumnado está a desenvolver para coñecer a obra e homenaxear a figura de Carlos Casares.
Visita tamén O cartafol do vento.
Visita tamén O cartafol do vento.
Ilustración: Álex Souto de Dios, 1º ESO B
Suscribirse a:
Entradas (Atom)