miércoles, 7 de marzo de 2018

PREMIO SAN CLEMENTE


En Santiago de Compostela, o primeiro de marzo asistimos aos actos do Premio San Clemente XXIII, coa rolda de prensa dos autores gañadores Xosé Monteagudo e Fernando Aramburu, aínda que coa ausencia de Ralf Rothmann por motivos de saúde. 
A continuación, no Auditorio Abanca, a gala de entrega de premios presentada por alumnado do IES Rosalía de Castro e coa participación das mozas e mozos dos outros centros que formaron parte do xurado. Lecturas de fragmentos das obras galardoadas (Todo canto fomos, Patria, Morir en primavera), críticas literarias sobre as mesmas, actas dos xurados, entrega de diplomas... e todo co harmonioso son das linguas europeas que falan os mozos e mozas lectores, galego, portugués, castelán, francés, inglés, alemán e ruso.
Para concluír, unha cea confraternizadora nun edificio histórico, o Hostal dos Reis Católicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario