O alumnado de bacharelato ampliou o seu coñecemento coa exposición titulada Luz na Terra. Unha visita guiada realizada no Gaiás sobre o Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha institución de alta cultura da que se cumpre o centenario do seu nacemento e que rematou traxicamente coa sublevación militar fascista de 1936.
Tamén accedeu ás instalacións da Biblioteca de Galicia onde se complementa a exposición co labor das mulleres do SEG, ben como socias activas, ben como protectoras ou usuarias da súa biblioteca.
Complementouse a visita cunha didáctica explicación do proxecto do arquitecto norteamericano Peter Eisenman, unha visita á instalación A inauguración de Joel Blanco unha festiva exposición sobre a historia das orquestras en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario