miércoles, 7 de marzo de 2018

PREMIO SAN CLEMENTE


En Santiago de Compostela, o primeiro de marzo asistimos aos actos do Premio San Clemente XXIII, coa rolda de prensa dos autores gañadores Xosé Monteagudo e Fernando Aramburu, aínda que coa ausencia de Ralf Rothmann por motivos de saúde. 
A continuación, no Auditorio Abanca, a gala de entrega de premios presentada por alumnado do IES Rosalía de Castro e coa participación das mozas e mozos dos outros centros que formaron parte do xurado. Lecturas de fragmentos das obras galardoadas (Todo canto fomos, Patria, Morir en primavera), críticas literarias sobre as mesmas, actas dos xurados, entrega de diplomas... e todo co harmonioso son das linguas europeas que falan os mozos e mozas lectores, galego, portugués, castelán, francés, inglés, alemán e ruso.
Para concluír, unha cea confraternizadora nun edificio histórico, o Hostal dos Reis Católicos.


domingo, 4 de marzo de 2018

PREMIOS POLA PAZ

Na Biblioteca tivo lugar a entrega de premios aos traballados seleccionados entre os lemas de 1º ESO, os carteis de 4º ESO e os poemas con títulos da literatura galega de 2º Bacharelato. O acto foi conducido polo alumnado colaborador da biblioteca de 1º Bacharelato que entregou os diplomas aos gañadores.


                        Premio: Usha de María Reimóndez.
                        Premio: Masculino singular, de Carlos Negro.

                    Premio: Ámote Leo A. Destino xalundes, de Rosa Aneiros









sábado, 24 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 1º ESO conmemora o Día de Rosalía co recitado dos seus poemas e posa diante do cartel elaborado coa imaxe de Uxía Oviedo de Dios, alumna de 2º Bacharelato.

viernes, 23 de febrero de 2018

O AMOR NOS ESCUROS DÍAS DE BIRKENAU

Os membros do Club de lectura sénior reúnense para pór en común as impresións e valoracións sobre a novela O amor nos escuros días de Birkenau de Alberto Canal. Como non podía ser doutra maneira nunha obra que describe a barbarie xenocidia, adentrámonos nun mundo de medo, torturas, enfermidade, odio, traizóns, morte... pero tamén de amor ("A mirada", "O desexo de intimar" e "A necesidade de tanscender"), de solidariedade, de esperanza a través da rebelión e de arte (o teatro, a fotografía, a música e a lectura) na busca da liberdade.
O encontro contou ademais coa presenza do autor que respondeu todas as nosas preguntas e nos proporcionou valiosa información sobre o proceso creativo, dende a idea que xorde na súa viaxe aos campos de concentración e exterminio situados na Alta Silesia, a documentación empregada e as decisións na caracterización dos personaxes. 
En definitiva, unha lectura e un encontro valiosos que o club de lectura recomenda.




 

jueves, 1 de febrero de 2018

DÍA DA PAZ

O alumnado de 1º ESO está a traballar a definición de paz e outros conceptos relacionados co Dicionario da Real Academia Galega e ademais aprendeu a manexar o xerador de nubes de palabras WordClouds. Eis a súa exposición con Palabras de Paz





 

miércoles, 31 de enero de 2018

CERTAME POLA PAZ

O alumnado colaborador da Biblioteca, de 1º Bacharelato, convoca un certame para elaborar lemas, carteis e poemas pola Paz. Nos taboleiros están expostos os lemas elaborados por alumnado de 1º ESO, os carteis de 4º ESO e os poemas con títulos da literatura galega do alumnado de 2º Bacharelato.





miércoles, 24 de enero de 2018

PERGAMIÑO VINDEL

O alumnado do IES San Mamede acode a Vigo para participar na exposición guiada do Pergamiño Vindel, que se desenvolve no Museo do Mar, e percorrer os xardíns e as estancias do Museo Quiñones de León.