viernes, 27 de mayo de 2022

PREMIOS POETUITS

 Entrega de premios ás autoras e autores dos Poetuits. Parabéns ás alumnas e profesores gañadores!













jueves, 26 de mayo de 2022

ENCONTRO CON EVA MEJUTO

 Eva Mejuto visita o IES San Mamede para encontrarse co alumnado de 3º ESO que leu a súa novela 22 segundos. A autora compartiu co seu lectorado a orixe da idea para escribir a primeira novela galega que trata sobre as persoas trans, a súa intencionalidade, as fontes de información manexadas e as decisións técnicas no proceso de creación.

 O alumnado achegou á xuntanza os carteis confeccionados con GIMP que, ademais de imaxes da novelista e da cuberta do libro, recollen citas da obra.


















viernes, 13 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 A biblioteca dá a coñecer as obras de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este ano. Na páxina da Real Academia Galega pódese atopar información sobre a súa vida e obra.





jueves, 5 de mayo de 2022

DÍA DA POESÍA

 Alumnado e profesorado do centro foron convidados a participar no certame de poesía a través dun formulario de Google. Podedes ver os Poetuits que se presentaron e votar ata o día 16 de maio a través do formulario recibido no correo electrónico.



jueves, 28 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

 A comunidade do IES San Mamede comparte:

 "Un libro sempre acompaña, en calquera momento e en calquera lugar".

Preme para ver o vídeo








viernes, 8 de abril de 2022

DÍA DO POBO XITANO

 A biblioteca publica os primeiros traballos elaborados polo alumnado de 1º ESO na materia de Investigación e tratamento da información para dar a coñecer a conmemoración do Día do Pobo Xitano.





viernes, 1 de abril de 2022

MONÓLOGO "STOP MACHISMO"

 Damián Alonso presenta para o alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato o monólogo Stop machismo, homofobia, transfobia e xenofobia. Unha actividade organizada pola biblioteca escolar para o fomento da igualdade e o respecto á diversidade.

Asiste tamén Mª José Garrido, a responsábel en Galicia da asociación Euforia Familias Trans-Aliadas.